Médicos sen fronteiras

Versión en castellano

Igual que o fan as empresas do Ibex-35, ou as do Eurostoxx 50 ou as do Dow Jones, Médicos sen fronteiras tamén publica a súa Memoria anual. MSF non cotiza nas bolsas de valores. Ou si; trátase, tan só, dunha cuestión semántica. É o que ten a polisemia. Son socio de Médicos sen fronteiras polos seus valores, rigor e eficacia ademais de altruísmo e humanidade.

Que sería das memorias anuais sen números? Quedarían en imaxes a interpretar e de palabras sobre as que reflexionar. A transcendencia, a dimensión, chegan da man dos números. Estes son algúns que me parecen dignos de subliñar:

  • 2.246.200 consultas médicas realizadas
  • 135.000 doentes hospitalizados
  • 11.200 intervencións cirúrxicas realizadas
  • 33.800 partos atendidos
  • 441.100 vacinacións contra a meninxite, a febre amarela ou o sarampión
  • 421.100 doentes tratados de malaria
  • 64.700 nenos tratados de desnutrición severa
  • 26.120 vítimas de violencia atendidas
  • 4.100 enfermos de cólera tratados
  • 2.900 doentes con VIH tratados
  • 1.290 doentes con tuberculoses tratados
  • 885 doentes con Chagas ou kala azar tratados
  • 9.500 persoas rescatadas no Mediterráneo

Pómoslles nomes e caras? Pois non, non o facemos. Quedamos nos números porque personalizalos/humanizalos resultaríanos insoportable. Quizais algún día vexamos a Médicos sen Fronteiras cotizando na Bolsa de Madrid.

1 Comentario hasta el momento »

  1. A trenza » Médicos sin fronteras dijo

    11 de Agosto del 2017 a las 2:19 p.m.

    […] Versión en galego […]

Comentarios RSS · TrackBack URI

Dejanos tu Comentario

Nombre: (Requerido)

E-Mail: (Requerido)

Sitio WEB:

Comentario: