Galicia, terra de exemplos

Sen masa crítica. Isto é o que alego no artigo publicado en “Economía digital” hai uns días. Titúlase “Dinahosting como exemplo” e empeza así:

Galicia é un país de exemplos. Podemos mencionar intelectuais de talla mundial, poderosos homes de Estado, deportistas de nivel internacional, artistas de grande éxito no showbusiness. Tamén empresarios que crean riqueza acó e acolá. Temos exemplos, fáltanos masa crítica. Eis a evolución dos nosos números.

Tomemos a poboación activa, variable que reflite coma ningunha outra a actividade económica dun país ou territorio. En 2001 (datos INE), había en Galicia 1.159 mil traballadores activos; en España 18.051 mil. A finais de 2017, eran en Galicia 1.238 mil por 22.765 mil en España. Isto quere dicir que no que levamos de século, a poboación activa galega pasou de representar o 6,42% da española ao 5,44% actual. A economía galega perdeu un punto enteiro de peso sobre a española en apenas 17 anos!!

As cifras meten medo. Todo sinala a nosa progresiva miniaturización económica, xa que logo, tamén social e política. As estratexias de submisión do poder galego ao proxecto centralista español están a provocar a perda de pulso do noso tecido produtivo. A situación de devalo semella imparable. A esperanza concéntrase nos exemplos.

E continúa narrando o caso de Dinahosting, unha empresa compostelá que empezou coma un exercicio dun ciclo de formación profesional e converteuse no líder doméstico en España por número de dominios aloxados. Podes ler o artigo completo na seguinte ligazón.

Dejanos tu Comentario

Nombre: (Requerido)

E-Mail: (Requerido)

Sitio WEB:

Comentario: