Archivos en la categoría Economía ou finanzas

Galicia, terra de exemplos

Sen masa crítica. Isto é o que alego no artigo publicado en “Economía digital” hai uns días. Titúlase “Dinahosting como exemplo” e empeza así:

Galicia é un país de exemplos. Podemos mencionar intelectuais de talla mundial, poderosos homes de Estado, deportistas de nivel internacional, artistas de grande éxito no showbusiness. Tamén empresarios que crean riqueza acó e acolá. Temos exemplos, fáltanos masa crítica. Eis a evolución dos nosos números.

Tomemos a poboación activa, variable que reflite coma ningunha outra a actividade económica dun país ou territorio. En 2001 (datos INE), había en Galicia 1.159 mil traballadores activos; en España 18.051 mil. A finais de 2017, eran en Galicia 1.238 mil por 22.765 mil en España. Isto quere dicir que no que levamos de século, a poboación activa galega pasou de representar o 6,42% da española ao 5,44% actual. A economía galega perdeu un punto enteiro de peso sobre a española en apenas 17 anos!!

As cifras meten medo. Todo sinala a nosa progresiva miniaturización económica, xa que logo, tamén social e política. As estratexias de submisión do poder galego ao proxecto centralista español están a provocar a perda de pulso do noso tecido produtivo. A situación de devalo semella imparable. A esperanza concéntrase nos exemplos.

E continúa narrando o caso de Dinahosting, unha empresa compostelá que empezou coma un exercicio dun ciclo de formación profesional e converteuse no líder doméstico en España por número de dominios aloxados. Podes ler o artigo completo na seguinte ligazón.

Galicia ten a súa estrela

Após dous meses sen publicar nada, declaro oficialmente a miña incapacidade traumática para manter este blog. Sexa por falta de cousas que dicir, xa for por unha natural desafección cara a estes medios (as RRSS en xeral), o certo e contrastado é que non son capaz de alimentalo como sería necesario. Asumido este feito xa incuestionable, un queda liberado ante quen poida haber do outro lado, se é que aínda queda alguén…

O motivo que me leva a romper este inadvertido silencio vén sendo a difusión do artigo que redactei hai como unha semana para Economía digital. Titúlase “Galicia ten a súa estrela” e trata do valor que está a adquirir Estrella Galicia nestes anos nos eidos económico e social do país. Velaquí deixo parte do contido do artigo:

“A cervexeira do Grupo Hijos de Rivera é máis ca unha empresa de bebidas. Para Galicia representa un motivo de orgullo e identidade, algo que implica un valor fundamental nun país tan orfo de referencias válidas… A Corporación produce e comercializa xa máis de cen artigos pertencentes aos sectores da cervexa, auga, zumes, sidras, vinagres e licores; entre as súas actividades, inclúe tamén servizos varios coma hostalería ou deseño. A facturación total de Grupo en 2017 pode erguerse ata os 450 millóns de euros… A estrutura directa do Grupo ao completo está radicada en Galicia. Unha parte salientable das materias primas –o lúpulo, as uvas, as mazás– proceden de explotacións galegas. En termos de comunicación e marketing, apóstase polo idioma propio e por lemas e mensaxes entendibles en clave de país. Este conxunto de factores explican en certa medida esa identificación xenuína dos produtos co consumidor galego e serven como elemento diferenciador no resto de mercados. Galicia está falta de referencias, de fachos iluminadores, de estrelas que marquen a senda. Velaí a transcendencia e significado do que está a facer o Grupo Hijos de Rivera.”

Dende aquí podes ler o artigo completo. By @pallarego

Dez anos de artigos sobre o rural galego

Co último artigo publicado en Galicia Confidencial, que titulamos Os eucaliptos de Feijoo pero que ben poderiamos telo chamado “A desgraza do eucalipto para o rural galego”, pechamos unha xeira de dez anos publicando achegas sobre o medio rural. En conxunto, son 13 artigos que comezaron con tres colaboracións no hibernado Vieiros entre abril 2007 e maio 2009. Paga a pena volvelas ler e decatarnos de levar dez anos perdidos para a imprescindible transformación do rural galego. Nestes dez anos, iso si, plantáronse moitos millóns de eucaliptos e miles de hectáreas foron ocupadas por esta nefasta especie arbórea chegada das antípodas. Nunca máis lonxe…

Os eucaliptos de Feijoo, en Galicia Confidencial. 24/8/2017

A industria forestal, en Galicia Confidencial. 5/7/2016

Fonte de riqueza segundo o PP, en Galicia Confidencial. 7/4/2016

Ence: política miseria, en Galicia Confidencial. 9/2/2016

Agro miniaturizado, en Economía digital. 3/2/2016

Este país é unha ruina, en Economía digital. 18/10/2015

Un sector lácteo próspero, en Galegos. Setembro 2015

Sen reaccion no rural galego, en Economía digital. 28/11/2014

A paisaxe en Europa, en Galicia Confidencial. 14/5/2014

Lumes e lumes, en Galicia Confidencial. 3/9/2013

O rural, a solución: quen o ía dicir, en Vieiros. 11/5/2009

SOS rural galego, en Vieiros. 7/12/2007

Sen cambios na paisaxe, en Vieiros. 18/4/2007

by @pallarego

Economía social

Había semanas que a economía estaba desprazada neste blog. Normalmente, a economía é o elemento que despraza. Desprazou a política do centro da acción dos gobernos; desprazou o ser humano como eixo motriz da evolución do planeta; desprazou a moral coma calidade inspiradora dos comportamentos individuais; mesmo desprazou a relixión coma recurso para a resolución de misterios trascendentais.

A economía ten mala prensa porque ocupa espazos que non lle corresponden. Tamén porque a súa aplicación beneficia con demasiada frecuencia a certos grupos sociais en prexuizo do conxunto da sociedade. Hai variantes que tenden a corrixir ámbalas dúas eivas anteriores. Velaí a chamada “economía social” que sitúa no centro da actuación as persoas con algunha discapacidade. Hai uns días, publiquei en Economía digital o artigo A economía social galega. No artigo dise que “os proxectos de economía social adoitan ser competitivos e eficientes”. Danse exemplos contundentes coma Ilunion ou La Fageda. En Galicia, menciónanse COREGAL, Hornos Lamastelle ou GRAFINCO. A economía social amosa un enorme potencial en Galicia e en España. Un dato que tamén figura no artigo: “España figura no posto 35 no ranking Thomson Reuters de economías proclives ao emprendemento social, mesmo por detrás de países como Exipto ou Nixeria.” O dito: hai potencial.


En las últimas semanas, la economía estaba desplazada en este blog. Normalmente, la economía es el elemento que desplaza. Desplazó a la política del centro de la acción de los gobiernos; desplazó al ser humano como eje motriz de la evolución del planeta; desplazó a la moral como cualidad inspiradora de los comportamientos individuales; incluso desplazó a la religión como recurso para la resolución de misterios trascendentales.

La economía tiene mala prensa porque ocupa espacios que no le corresponden. También porque su aplicación beneficia con demasiada frecuencia a ciertos grupos sociales en perjuicio del conjunto de la sociedad. Hay variantes que tienden a corregir los dos defectos anteriores. Ahí tenemos la llamada “economía social” que sitúa en el centro de la actuación a las personas con alguna discapacidad. Hace unos días, publiqué en Economía digital el artículo A economía social gallega. En el artículo se dice que “los proyectos de economía social suelen ser competitivos y eficientes”. Se dan ejemplos contundentes como Ilunion o La Fageda. En Galicia, se mencionan COREGAL, Hornos Lamastelle o GRAFINCO. La economía social presenta un enorme potencial en Galicia y en España. Un dato que también figura en el artículo: “España figura en el puesto 35 en el ránking Thomson Reuters de economías proclives al emprendimiento social, incluso por detrás de países como Egipto o Nigeria.” Lo dicho: hay potencial.

El buen capitalismo / O bo capitalismo

No estoy pensando en el samaritano. No creo en el buen capitalista, menos en el que está dispuesto a parar en el camino para socorrer al caído. Creo en el socialista que conoce los beneficios del capitalismo. Leo en El País (sí, aún leo El País de vez en cuando, con la mirada torva y el gesto revirado) un artículo ilustrativo. Su intención es, eso, ilustrar sobre las relaciones presuntamente idílicas entre la cultura que se hace en Madrid y Barcelona. Sus intenciones son claras pero yo paso de ellas y me voy por otro lado. Madrid es mejor porque existe Barcelona y Barcelona es mejor porque allá abajo está Madrid. Se trata de la competencia, que nos hace mejores y con ello conseguimos el progreso. No es ideología sino Historia. El capitalismo crea riqueza, en unas ocasiones concentrada en unos pocos, en otras ocasiones repartida. Nunca será equitativa, eso por descontado, pero sí puede llegar a la mayoría. Por eso digo que hay clases de capitalismo igual que hay distintos tipos de zanahorias o distintas especies de mustélidos. Aunque no se encuentre en la teoría económica, existe el capitalismo de avaricia, el que procura el enriquecimiento de unos pocos, clase hegemónica que pretende mantener el statu quo privilegiado. De hecho, podemos afirmarlo: se trata del caso más común. Pero existe también el capitalismo racional -que tampoco figura en ningún manual de economía- el que procura la distribución equitativa de la riqueza mediante políticas propiciadoras de igualdad social. Atención a la frase sencilla; en ella reposa el principal criterio que debiera regir las relaciones económicas: “La competencia sana es buena”. En la cualidad descansa la virtud…

Nos vemos en Twitter, en Facebook o en Linkedin 


Non estou a pensar no samaritano. Non creo no bo capitalista, menos no que está disposto a parar no camiño para socorrer o caído. Creo no socialista que coñece os beneficios do capitalismo. Leo en El País (si, aínda leo El País de cando en vez, coa mirada torva e o xesto revirado) un artigo ilustrativo. A súa intención é, iso, ilustrar sobre as relacións presuntamente idílicas entre a cultura que se fai en Madrid e Barcelona. As súas intencións son claras pero eu paso delas e voume por outra banda. Madrid é mellor porque existe Barcelona e Barcelona é mellor porque alá abaixo está Madrid. Trátase da competencia, que nos fai mellores e con iso espolea o progreso. Non é ideoloxía senón Historia. O capitalismo crea riqueza, nunhas ocasións concentrada nuns poucos, noutras ocasións repartida. Nunca será equitativa, iso por descontado, pero si pode chegar á maioría. Por iso digo que hai clases de capitalismo igual que hai distintos tipos de cenorias ou distintas especies de mustélidos. Aínda que non se atope na teoría económica, existe o capitalismo de avaricia, o que procura o enriquecemento duns poucos, clase hexemónica que pretende manter o statu quo privilexiado. De feito, podemos afirmalo: trátase do caso máis común. Pero existe tamén o capitalismo racional -que tampouco figura en ningún manual de economía- o que procura a distribución equitativa da riqueza mediante políticas propiciadoras de igualdade social. Atención á frase sinxela; nela repousa o principal criterio que debería rexer as relacións económicas: “A competencia sa é boa”. No adxectivo descansa a virtude…

Vémonos en Twitter, en Facebook ou en Linkedin 

O Poder da Colaboración

Somos pequenos e habemos competir en mercados grandes. Somos febles e habemos sobrevivir nun mundo moi duro. Somos poucos e habemos destacar entre enormes aglomeraciones. Somentes nos queda un camiño, o da UNIÓN, o da suma de recursos e capacidades, de sinerxias e de complementariedades. Quédanos a saída da COLABORACIÓN, entre nós e mais con que sexa conveniente.

A Economía galega necesita un xiro a prol de cooperación entre as súas empresas. Velaquí o meu artigo completo publicado no suplemento de Ideas de Economía digital: O poder da Colaboración.

 

Dos polémicas

La polémica tras la donación de 320 millones de euros en equipos de detección del cáncer realizada por Amancio Ortega se está prolongando más de lo imaginado. En resumen, está muy bien que el Sr. Ortega done lo que desee, siempre que quiera y cuanto más mejor. Conociendo el volumen de sus posibles, cualquier minúscula decisión que adopte puede resultar vital para mucha gente. Si fuese consciente del nivel de responsabilidad que recae sobre sus hombros, no podría sostenerse en pie. El resumen se me antoja sencillo: más allá de cuestiones fiscales, que son otra historia, el problema es la finalidad de la donación. No solo se ha decantado por un sector que debería estar cubierto por la Administración Pública, sino que ha señalado la compra a realizar con ese chorreo de millones…

Mi valoración completa en el siguiente artículo: La donación de Amancio Ortega: ¿altruismo o puro marketing?

La segunda polémica se concentra en el sector financiero, demasiado tranquilo los últimos meses. Menos mal que ahí estaba el Banco Popular para espabilarlo del letargo en el que se había sumido tras superar su profunda crisis sistémica, tras sobrevivir a los dramas de las preferentes y tras dejar atrás lo peor de las cláusulas suelo. La caída del Banco Popular, y con ello posiblemente la liquidación también de la marca Pastor, ha sido producto de una sucesión tal de errores encadenados por parte de tan variados protagonistas que, al repasar la historia con cierta calma, uno llega a una conclusión nítida: el sistema por el cual la sociedad va seleccionando sus dirigentes no funciona.

Un razonamiento algo más elaborado en el siguiente artículo: Bankia, Novagalicia y Popular: tres graves equivocaciones con resultados diferentes.

 

Política de izquierdas en Portugal

300 veces fue compartido este artículo que publiqué en Mundiario titulado de manera bien ilustrativa “El gobierno de izquierdas portugués demuestra que otra política económica es posible“. No es cuestión de cantar victoria pero creo que los resultados obtenidos en Portugal bien merecerían una reflexión profunda sobre la estrategia neoliberal aplicada de manera inmisericorde por los gobiernos europeos en los últimos años. Porque no nos engañemos: esta recuperación tiene muchas más sombras que luces.

El artículo dice cosas como ésta:

“La doctrina neoliberal ha alcanzado el carácter de dogma en Europa, con resultados cuando menos cuestionables. Buena parte de la sociedad ha reaccionado indignada, aunque tal actitud apenas haya tenido impacto en los resultados electorales, que han terminado inclinándose hacia opciones generalmente respetuosas con la corriente liberal. La constatación del éxito de las políticas alternativas del gobierno luso tal vez permita iniciar un cambio de sentido que se nos antoja tardío pero aún necesario.”

Si quieres leer el artículo completo, aquí te queda el link al mismo: artículo completo.

Dous artigos sobre a marca Galicia

O desprezo da marca

Eroski mercou Vegalsa hai algúns anos. Diríase que se trataba dunha mala nova para a economía galega. Non tanto como a adquisición de R por parte de Euskaltel. Ou como a do Pastor polo Popular. Ou como a de Fenosa por Unión Madrileña décadas atrás. Calquera operación que signifique perda de postos de traballo e da capacidade de investimento e xestión. Mais en contra das perspectivas, Eroski trouxo algo que nós tendemos a desprezar: o respeto pola marca Galicia. Dende o principio, aumentou significativamente os provedores galegos, sinalou de xeito inequívoco aqueles artigos producidos ou empaquetados en Galicia e utilizou con forza o idioma galego. Gadis, aínda co capital en mans de empresarios do país, podería tomar nota.

Velaquí a ligazón ao artigo completo publicado en Economia digital.

Abrollos verdes

“Diferenciación, creatividade, calidade e distribución son os elementos da fórmula de éxito. Tamén o uso da lingua propia; a maioría utiliza o galego como idioma de comunicación. Saben que as linguas autóctonas supoñen un valor engadido para o consumidor do país e un carimbo de autenticidade ante o foráneo.” Iso mesmo di o artigo publicado en Galicia Confidencial (aquí a ligazón) falando da xeira de bos proxectos que se dan cita cada dúas semanas no Mercado ecolóxico da Praza de España da Coruña. Tal como anticipaba o título do artigo: abrollos verdes, que habelos, hainos.

 

 

Un par de artículos más

Quen ía a pensar que un artigo sobre eucaliptos tería a repercusión que conseguiu este: “Galicia, de paraíso natural a inmenso eucaliptal en unas pocas décadas“. Nada menos que 4.600 veces foi compartido. Espero que sexa o reflexo da preocupación existente sobre a proliferación, auténtica invasión, desta árbore alóctona sobre a paisaxe e o desenvolvemento rural de Galicia. Asimesmo espero que o artigo sirva para empurrar sequera un chisco na dirección correcta: a de reducir a presenza do eucalipto nestas terras.

E igualmente en Mundiario, una nueva colaboración con Donald Trump de sujeto principal. El artículo tiene dos partes: la primera, que cuestiona la legitimidad del nuevo presidente USA para tomar las decisiones que se le antojen; la segunda, la resistencia de una sociedad civil que se moviliza ante tanto despropósito. Aquí queda el vínculo al artículo: La sociedad civil reacciona ante los desmanes presidenciales de Donald Trump.