Archivos en la categoría medios comunicación

Contradicións “made in USA”

Está a miña muller a ler o libro de Guillermo Fesser “A cien millas de Manhattan”. Disque resulta interesante a mirada crítica, ou máis ben escéptica, que transmite o autor sobre esa “melting pot” onde nada se mestura en realidade. Tirados esta fin de semana nunha paradisíaca praia da península de Aldán, deulle por lerme uns parágrafos ilustrativos da súa opinión. Reprodúzovolos parcialmente a seguir:

…En California, conducir al tiempo que se mira la televisión pasa a engrosar la lista de delitos graves. La medida ha sido promovida por las cadenas televisivas que no quieren arriesgarse a demandas de responsabilidad civil por accidentes de tráfico. El hecho absurdo de que un conductor intente conseguir una indemnización millonaria de los productores del programa que aparecía en su pantalla en el momento de la colisión por haberle entretenido e impedirle maniobrar con destreza entra en Estados Unidos en el campo de lo previsible. En la ciudad de Nueva York, una pareja que practicaba sexo en un túnel del metro no pudo apartarse a tiempo al paso de un convoy. Uno de ellos sufrió la amputación de un dedo. Recibió una indemnización millonaria porque un juez consideró que la compañía de transporte no advertía de los peligros que pueden entrañar las relaciones sexuales encima de las vías. Un joven quedó paralítico tras sufrir un accidente mientras conducía su bicicleta por una autopista de noche, sin luces y en dirección contraria. Los fabricantes debieron de pagarle una gran suma porque en la caja de la bici no figuraba que no se pudiese pedalear sin faro… Sentencias que han convertido en tomos enciclopédicos los manuales de instrucciones de una goma de borrar. Todo se reglamenta, todo se especifica por si las moscas… Las reclamaciones se multiplican porque algunos abogados de este país hace tiempo que perdieron los escrúpulos… Cada vez que llega un herido a un hospital se lanzan a por él ¿Qué le ha ocurrido? ¿Sabe que puede obtener dinero de su desgracia?”

De volta na casa, informámonos sobre o escándalo das últimas filtracións verquidas en Wikileaks. O caso é tan singular que procuramos afondar un chisco nel. E descubrimos que este sitio web dedicado á publicación de informacións anónimas sensibles ó poder relixioso, político ou empresarial, que naceu en 2007 e cuxo servidor está domiciliado en Suecia, leva acumulados máis de 1,2 millóns de documentos orixinalmente secretos. E un pensa que o moito que se publica a diario non é máis cá puntiña do iceberg e que os factores que compoñen a realidade auténtica non son coñecidos. Mais non era iso o que quería tratar senón istoutro: O día 5 de abril de 2010, WikiLeaks publicou un vídeo no cal se ve como soldados estadounidenses asesinan o reporteiro de Reuters Namir Noor-Eldeen, o seu axudante e a nove persoas máis, a algúns cando viñan polos mortos e feridos. Vese con nitidez que ninguén fai aceno ou ameaza ningunha cara ó helicóptero Apache dende o cal saen os disparon, nin sequera miran para el. Meses despois e como é sabido, WikiLeaks fixo públicos uns 92.000 documentos sobre a chamada guerra de Afganistán que están a revelar decenas de asesinatos impunes cometidos por soldados dos Estados Unidos.

Con independencia dos intereses e intencións que se agochen tralas filtracións, resulta grotesca a comparación entre os casos expostos por Fesser e as aberracións do exércitos norteamericano. Os primeiros foron obxecto de denuncia, xuízo e condena; os segundos serán sometidos á política da intoxicación e o esquecemento.

Un inmenso baleiro

Os baleiros existen para ser tapados, non teñen outra función. Ás veces ninguén se decata deles porque, precisamente, non son doados de percibir. Trátase en realidade dunha cuestión de sentimento, sentirmos ou non esa falta. Unha perda nótase máis facilmente.

Cando naceu Vieiros, nin sequera sabiamos que o necesitabamos. Foi Lois, un tipo capaz de ver onde os demais seguimos cegos, quen albiscou o burato no esqueleto do País. Precisabamos un proxecto que nos identificase en Internet e así mesmo demandabamos un medio de información LIBRE, independente, construído e desenvolvido por, dende e para GALICIA. Iso é Vieiros, a estrela dixital que sinala a localización do noso País no universo da Internet. Apágase a estrela, xorde o buraco negro, o baleiro total que dalgunha maneira haberemos encher.

Resulta difícil de aceptar, que irremediablemente, para tristura e decepción infinitas de moitos, para alivio dalgúns, Vieiros, o único medio de información imprescindible, pecha. As circunstancias fican explicadas no seu derradeiro editorial. Este País retrocede e volve retroceder por mor de circunstancias desafortunadas. Algún día haberá cambiar a tendencia e nese momento procuraremos rescatar Vieiros.

Franco, Caudillo da Galega

É o que teñen os virus, que ben o tomban a un na cama ou ben o colocan fronte ó televisor. Así estaba eu, estomballado co mando entre as mans pasando canles coma se fosen doas dun rosario. Nisto que escoito unha nova sobre un barrio da cidade e decido, de xeito instintivo seguramente, atender á noticia completa. Unhas vivendas de protección oficial nunca sometidas a mellora ou reparación ningunha, segundo a voz informante: “…chamadas vivendas de Franco porque foran construídas cando aínda gobernaba o Caudillo.” A frase mata os virus que quedaban no corpo do televidente e se non provoca no propio telespectador un episodio de telecinesia, neste caso de desprazamento máis temporal ca espacial, debeuse talvez a que o individuo, ou sexa, eu mesmo, sabe perfectamente en que tempo vive. Erguinme moi recuperado unha vez ceibe de virus e achegueime ó dicionario por ver se cabía erro posible. E lin… caudillo (lat. capitellu (m) < caput “cabeza”) s.m. 1. Persoa que manda e dirixe un exército. 2. Dirixente carismático dun bando ou partido.

Así pois, segundo a Galega, Franco era o Caudillo que gobernaba España cando se construíron as vivendas. Suponse que non se refería a Franco como unha “persoa que mandaba ou dirixía un exército”, pois os exércitos pouco caso lle facían, e lle seguen a facer, ás necesidades residenciais das xentes. Daquela o seu obxectivo viña sendo o de cualificar a Franco coma un “dirixente carismático dun bando” (excluímos conscientemente o do partido), isto é, tal cal o consideraban os seus partidarios, léase os franquistas. E ou ben é un franquista quen redactou a noticia do informativo ou ben a elaborou un empregado disciplinado seguindo instrucións dun xefe franquista. Porque noutro caso, a noticia habería sido redactado doutra maneira. Por exemplo: “…chamadas vivendas de Franco porque foran construídas cando aínda gobernaba o dictador” ou, incluso, “…chamadas vivendas de Franco porque foran construídas baixo a dictadura.” E moito ollo que estes son, aínda, os que gobernan.

De Vietnam a Irak pasando pola Quintana

Paseando / navegando hai pouco por Iberlibro, atopei un deses títulos pendentes de lectura dende a mocidade: Los ejércitos de la noche, de Norman Mailer. O interior do libro agocha unha sorte de lema: La Historia como Novela. La Novela como Historia. Como tantas outras veces, cuestión de semántica. Para min, Los ejércitos de la noche é unha crónica reportaxe de 333 páxinas. Versa sobre a manifestación contra a guerra do Vietnam celebrada en Washington o 21 de outubro de 1967 e que reuniu arredor de 50.000 persoas marchando cara ó Pentágono. A novela crónica foi galardoada cos premios Pulitzer e National Book Award. Para que unha reportaxe sobre unha marcha / manifestación acadase tal grao de recoñecemento, houbéronse xuntar unha serie de elementos poderosos: a popularidade do autor, a sensibilidade social respecto do contido, a novidade da perspectiva e o tratamento literarios e a perspicacia amosada na narración foron algúns.

Pasaron 43 anos de Los ejércitos de la noche. Con ollos europeos contemporáneos, chama a atención a vixencia da esquerda política en Estados Unidos naqueles tempos como expresión de resistencia e pacifismo antes ca de loita de clases. “Todos los sanos marines, policías montados, atletas profesionales, estrellas de cine, campesinos pobres del Sur, sensuales mafiosos amantes de la vida, polizontes, cierto proletariado, funcionarios municipales, amables políticos de aspecto lozano y proclives al soborno, tienen la mirada llena de luz (¿es la marihuana?) de la vida que disfrutan… Sí, ellos estarían a favor de la guerra del Vietnam. Y, alineada contra ellos, una tropa encallecida, ¡toda una élite!: rescoldos de marxismo contaminado de freudismo, estratos de la genuina y vieja inquietud norteamericana: la clase media urbana, con sus generalizados y descomunales resentimientos adenoideos, su secreto amor esclavo por la venidera hegemonía del ordenador y los suburbios residenciales, sí, ellos y sus hijos, por pura ironía, por pura ineptitud, por las chifladuras de la historia, se veían ahora abocados a posiciones cada vez más militantes, a una resistencia ante la guerra que era una vana -y en cierto modo consolidada- mezcolanza de pacifismo y comunismo de salón.

Aí estaba xa, hai 43 anos, o marketing de guerra propio dos sistemas corrompidos: “La autoridad había operado en sus cerebros con anuncios publicitarios, les había lavado el cerebro con educación en conserva y política en conserva. La autoridad se había presentado como honorable, pero era corrupta, tan corrupta como los sobornos en televisión, como los escándalos relativos a la seguridad de los automóviles, a las concesiones de los contratos de aviación…” 43 anos despois, exportaron as hipotecas lixo en formas de bonos de alta rendibilidade. “Esa nueva generación de izquierdas odiaba a la autoridad porque la autoridad mentía. Mentía por boca de los ejecutivos corporativos: portavoces del Gabinete, funcionarios de policía, editores de periódicos y agencias de publicidad.

Mailer examina as razóns que xustifican a presenza de Estados Unidos en Vietnam e son as mesmas polas que, 43 anos despois, o exército ianqui está en Irak; case idénticas. “Un grupo de los más poderosos wasps (white, anglo-saxon & protestants) de edad mediana y avanzada de los Estados Unidos -hombres de estado, patrones de sociedades anónimas, generales, almirantes, editores de periódicos y legisladores- habían llegado de consuno a formular un voto intelectual: habían jurado, con fe digna de caballeros medievales, que el comunismo era el enemigo mortal de la cultura cristiana. Si no se le ponía freno en el mundo posbélico, la cristiandad misma perecería… La última materialización de tal tesis tenía lugar, sin duda alguna, en Vietnam. Los argumentos esgrimidos por los partidarios de la guerra apuntaban al hecho de que si Vietnam caía en manos comunistas, pronto el Sudeste Asiático caería igualmente bajo la férula de China comunista. Dado que este país se hallaba en  vías de poseer una fuerza nuclear de gran envergadura, los Estados Unidos se verían a la postre enfrentados a una Asisa dispuesta a empujar a Norteamérica a una guerra atómica suicida capaz de arrasar todo el planeta.

E non quixera eu pasar por frívolo comparando dúas realidades incomparables. Mais tampouco non puiden evitar atopar certas semellanzas entre a marcha contra o Pentágono e as sucesivas manifestacións celebradas en Galicia durante os últimos meses contra o programa de aniquilación da lingua propia artellado polo goberno galego. Velaí, por exemplo, a coincidencia das cifras de participantes. Eis tamén a práctica da mentira e manipulación preparatoria da campaña do executivo, e a complicidade dos medios de comunicación e das clases dominantes dispostas sempre a apoiar as políticas de laminación dunha realidade que, simplemente, non lles favorece.

O Guinness de Prolingua

É pobo modesto o galego. Fixádevos ata que punto: bate un record mundial e nin se inmuta. E logo, o do venres pasado? Sabedes, non si? “55 mentiras sobre a lingua galega”, a primeira publicación de Prolingua, presentouse en 70 lugares do mundo ó mesmo tempo. Ei-lo record mundial, ou cando se viu tal cousa? En 50 localidades galegas e 20 do resto do mundo. En Galicia, de Fene a Tui, de Carnota a Viana de Bolo, de Ribadeo a Lalín, e pasando por A Estrada, Baio, Caldas, Chantada, O Barco, Cambados, Noia ou Guitiriz. Así ate 50 vilas galegas conectadas por unha arela común, entre elas e máis alá. Con Barcelona, Trintxerpe, Vilafranca, Madrid, Vitoria, Lisboa… e aínda máis lonxe: París, Bruxelas, Cork, Londres, Tübingen, Bos Aires, Nova York, Nablús… Cando se viu tal cousa? Unha presentación sincronizada en 70 cidades do mundo: record mundial absoluto! E o pobo galego sen inmutarse. De feito, os medios do País sen inmutarse. A penas lle deron cobertura ó novo record mundial. Un rexistro imbatible no eido cultural. E houbo ser en galego e sobre o galego, quen o podería imaxinar, quen o podería mesmo soñar?! Un record mundial e os medios galegos que o ignoran, que lle dan o tratamento de calquera acto local, dunha mostra de cestería, dun paso de Semana Santa, da feira do botelo, dunha lesión muscular. E logo por que será? Quizais porque somos desta maneira, así, dun xeito digamos peculiar. Ou ben por non amolar. Xaora, teñámo-la festa en paz! Que si, ho!, que xa sabemos que o galego foi obxecto de moita manipulación, que máis que falalo habíase bisbar, que para sobrevivir, mellor tirar do castelán. E que lle queres? Nós cos que mandan, entendes? Que amigos si, pero a vaquiña polo que vale! Que se che informo do record, pois se cadra me quitan a subvención. E ademais, que carallo!, a min o galego tanto me ten, ou é que vós non sodes españois?

É pobo modesto o galego. Ou se cadra, está partido en dous: mandados e renegados xogan por unha banda; pola outra, os demais. Crían que claudicaban pero xa vedes que non. Pensaban que non lles quedaban folgos. Velaí tede-la contestación: un record mundial! E despois deste, para min que virán máis.

Mordaza informativa

Non é esta a primeira vez na que destacamos o labor de Tempos Novos. Nesta ocasión, será para subliñar o excelente artigo de Manuel Barreiro recollido no último número e no que, baixo o título “Política cero”, analiza as esencias da política comunicativa do goberno (anti)galego do Partido Popular. Xa as referencias ó político priísta Laureano Vidal da presentación anuncian contido digno de degustar: “O poder gáñase, non para facer cousas, senón para non perdelo. Un goberno non produce nada, agás antigüidade. O único que teño que ofrecerlles é a idea de que teño algo que ofrecer.”

O ideal deste goberno, sinala Barreiro, “é a cancelación da política, unha sorte de expropiación difusa dos dereitos de cidadanía para impoñer a primacía do goberno como simple administración e un xogo clientelar, sen marxes maiores de participación, co que satisfacer demandas brandas e concesión de favores… A hiperpolitización é sempre un dos compoñentes da estratexia de asalto ao poder do PP. Daquela todo vale, forme parte ou non da axenda política, para maximizar os réditos electorais. No goberno, a idea dos tecnoconservadores é outra. Unha sociedade eficiente ha de ter un abaixado perfil político. O seu resumo é unha máxima de democracia mínima: os cidadáns queren solucións, non debates. Achicarlle espazos á política é un obxectivo principal da Nova Política Informativa do goberno do PPdeG. Reparemos nos boletíns informativos da CRTVG: os únicos debates que se subliñan son os da política do Estado e, singularmente, os temas desvantaxosos para o PSOE… A política -e o que pasa por ser o seu núcleo duro, a economía- é un asunto do Estado que se acouta ao xogo antagonista entro o mal goberno e a boa oposición… A Nova Política Informativa de Feijóo está ao servizo dun goberno sen discusión, dunha política en nada interactiva e do formatado da mediasfera galega como factoría de consensos obrigados e como negación, en definitiva, dunha cidadanía que unicamente é tal se se constrúe sobre a base da información de calidade, da participación plural, da deliberación esixente e da discusión libre de pareceres, intereses e políticas. O obxectivo: unha Galiza monolítica, obediente, submisa e eternamente conservadora.”

Coido que o artigo de Manuel Barreiro representa unha descrición traxicamente atinada da realidade do País e, incluso, un bo punto de partida para analizar e deseñar unha estratexia de neutralización da mutiladora política informativa do goberno do Partido Popular.

25 anos d’A Peneira

A felonía cometida contra a lingua polo goberno antigalego do PP fixo demora-la nosa felicitación a A Peneira polo seu 25 aniversario. A Peneira, como todos sabedes, é con Galicia Hoxe e A Nosa Terra, un dos únicos periódicos publicados en galego. O mérito da súa traxectoria axigántase hoxe en día ante os ataques que sofre o idioma propio dende as instancias máis poderosas do País. A Peneira é un modesto David confrontado dende O Condado ós Goliats da Coruña e Vigo. Malia a falta de apoios e a actitude contraria dalgunhas institucións, consegue artellar catro edicións e distribuir 15.000 exemplares por todo o País. O editor, Guillerme Rodríguez, proclama a súa “rabiosa independencia”. Ademais do xornal, edita O Farelo, galardoada publicación de humor, e Kalaikia, suplemento cultural. A Peneira conta, ademais, con correspondentes en Madrid, Barcelona, Cuba ou Arxentina. Recibiu algunha mostra de recoñecemento, non moitas, coma o Premio da Crítica 2006 no apartado de Iniciativas Culturais, ou a homenaxe convocada hai uns meses en Lugo pola Asociación Cultura do País. Dende este modesto blogue, sumámonos a tales homenaxes, sobradamente merecidas. O dito: inda con certa demora, felicidades, Peneira!

Galicia mediterránea e latina

A semana pasada, publicabamos en Vieiros o artigo sobre o “artigo”, isto é, unha colaboración verbo da traxicómica polémica do topónimo na Coruña. A colaboración propoñía distintas situacións nas que utilizarmos ben o nome oficial de A Coruña ou ben o deturpado de La Coruña. Onte vendo Localia Coruña, dei en lembra-lo devandito artigo. Saben vostedes que Localia, como rede de televisións municipais do Grupo Prisa, pechou a primeiros deste ano as súas emisións tras oito anos de acumular programas e débedas. Porén, algunhas canles estaban asociadas á rede sen seren propiedade exclusiva de Prisa, entre elas Localia Coruña, propiedade de UTEGA, que seguiu emitindo; en castelán a meirande parte da programación, por certo. Non quero eu meterme con Localia Coruña. Tendo en conta ademais os medios reducidos dos que dispoñen, supóñolle, a programación resulta digna e máis en comparanza coa grella alternativa.

Dicía que vendo un programa desta canle, veume á cabeza o artigo “La Coruña, A Coruña” publicado hai pouco. Foi cando o presentador, falando sobre o guión dunha obra de teatro de próxima interpretación na cidade, quixo compara-la contorna do autor, disque arxentino, coa nosa, “mediterránea y latina”. Tal correspondencia non daría máis de si se non reflectise a posición dunha parte relevante da sociedade galaica. E ben, eu podo entende-la identificación dos cidadáns co seu Estado, País, Nación ou Unión confederal, anarcosindical e macrobiótica en función dos seus propios sentimentos, filias e fobias, educación e xenética, mais o que non podo comprender é o travestismo. Ou sexa, nós, coruñeses e/ou galegos, nin somos mediterráneos nin somos latinos. O primeiro é bastante obvio: mediterráneos son pobos como o catalán, valenciano, corso, italiano, esloveno, croata, grego, turco-europeo, libanés, israelita ou tunesino, por exemplo. Se temos en conta un factor básico na formación das comunidades humanas como é o clima, o mediterráneo conforma a meteoroloxía de California, centro de Chile, sur de Sudáfrica e suroeste de Australia, ademais da das rexións lindeiras co Mar do mesmo nome. Así pois, igual ca os bretóns ou os normandos non son mediterráneos, os galegos tampouco.

Somos latinos os galegos? Tomando o termo na súa acepción estrita, tal seríamos como herdeiros dunha cultura desenvolvida a partir do Imperio Romano e cuxa manifestación máis notoria é a nosa lingua. Porén, o uso do termo “latino” na comunicación actual soborda con moito esa concepción orixinal. A cualificación de “latino”, hoxe en día, refírese a uns riscos de comportamento e unha maneira de entende-la vida moi distantes ós propios dos galegos e derivados, novamente, dunhas condicións naturais diferentes e dunha mestizaxe diverxente, cos árabes e africanos por unha banda, cos celtas pola outra. E isto vese claramente, por exemplo, en manifestación culturais como a música, tanto nos ritmos, coma os instrumentos empregados e nos propios bailes.

Así pois, os galegos, mediterráneos e latinos? Eu non o vexo.

Despedida e peche


xenerica_mp1Como cada mércores destes últimos tres anos, recibín ó longo da mañá unha chamada da Radio Galega. Non era Isabel, como adoito, senón Josefina, seica a secretaria da nova directora da canle pública do País. Tampouco non se trataba de confirmar a participación no Faladoiro do xoves, senón de me agradecer a colaboración desenvolvida durante este tempo. Ben, é unha maneira de facelo como outra calquera.

Ante esta lexítima decisión da RG, quizais esperable dende hai varios meses, non me cabe máis que trasladar unha xeira de sinceros agradecementos, os cales gustaríame facer públicos mesmo inda que sexa a través deste medio que, de tan persoal, resulta case privado (en ocasións coma esta decátase un da utilidade das bitácoras virtuais). Mencionarei en primeiro lugar a Isabel –ou Sabela– Vázquez, sutil e intelixente directora do “Informativo primeira hora” durante estes anos. En segundo lugar, a Isabel Rodríguez, eficiente produtora. E a Xosé Manuel Pérez, ate hai pouco xefe ecuánime dos informativos. Tamén, por suposto, a Chus Castro, delegada na Coruña e magnífica anfitriona. E a Alfonso Arias, atento sempre ó perfecto funcionamento das instalacións.

É unha obriga e un pracer amentar igualmente os compañeiros cos que tiven a honra de compartir espazo, tanto, por suposto, con aqueles de próximo parecer como, se cadra especialmente, respecto dos que amosaron maiores ou máis frecuentes diferencias. Entre os colaboradores habituais en distintas etapas, velaí Alberto Pena, Pedro Arias, Lois Pardo ou Alfonso Cabaleiro. Algo máis esporádicos foron os encontros con Fernando Ojea, Julián Fernández, Domingo Bello Janeiro, Marcelino Agís ou, ultimamente, Cristóbal Atienza. Noutras casos, coma os de Mª Antonia Iglesias, Manolo Bragado ou Alberte Meixide, as coincidencias apenas se produciron en dúas ou tres ocasións.

Podo afirmar que, na práctica totalidade dos programas, o debate beneficiouse da honestidade intelectual dos participantes, da fértil pluralidade das súas posicións e da neutralidade dos rectores do faladoiro, entendido este como escenario propicio para a presentación de ópticas e perspectivas distintas dunha mesma realidade. Neste sentido, entendo que o labor feito serviu para enriquecer a análise dos problemas colectivos e fortalecer as teses que nos deben conducir, eito a eito, cara ás súas solucións.

Só espero que a nova andaina da Radio Galega sexa respectuosa con tales principios e mesmo pretenda a súa potenciación a prol dunha maior contribución dos medios de comunicación públicos ó progreso e á concordia deste País ó que agora chaman “comunidade”; e que nin Radio nin Televisión se dobren ante posibles tentacións conducentes á mutilación do espírito crítico e á difusión das opinións dispostas nunha soa dirección.

Grazas de novo e ate sempre.

A influencia dos medios

Se cadra foi o escándalo Watergate desvelado por The Washington Post o quilómetro cero da carreira para mudar os medios de comunicación en máquinas de influencia política por riba da súa suposta función informativa neutral. En España, velaí o  efecto da campaña d’El Mundo na caída de Felipe González. En ámbolos dous casos, a intervención da prensa víase avalada pola realidade e pola verdade. En Galicia, o caso das últimas eleccións autonómicas presenta o pernicioso agravante das informacións estaren groseiramente manipuladas consonte a un plan de acción predefinido.

Chégame estes días un artigo do catedrático catalán Vicenç Navarro titulado “La doble moral de los medios”. Nel, este ilustre profesor afonda na análise do tratamento dos medios ás realidades políticas. Coido que é un texto de grande vixencia e interese dado o seu enfoque reflexivo e alternativo que foxe do pensamento único e axuda á configuración de posturas críticas e individuais. Eis o contido completo do artigo:

“Uno de los mayores problemas que tiene la democracia española es la muy limitada diversidad ideológica que existe en los medios de información de mayor tiraje del país. Y ello es fácil de demostrar. Si miramos, por ejemplo, el número de artículos críticos hacia el presidente Chávez y su Gobierno en Venezuela que se han escrito en los últimos doce meses en los cinco diarios de mayor difusión en España, vemos que se han publicado nada menos que 72. Si buscamos, en cambio, artículos favorables al presidente Chávez o a su Gobierno, no encontrarán ni uno (sí, leen bien, ni uno). Esta falta de diversidad contrasta con la existente en el país criticado –Venezuela–, donde pueden leerse, en la prensa venezolana de mayor tiraje, artículos críticos del presidente y de su Gobierno, así como artículos favorables. Lo mismo ocurre en los medios televisivos. En realidad es mucho más fácil encontrar artículos críticos sobre Chávez en los mayores medios venezolanos, que favorables a tal dirigente venezolano en los medios de mayor difusión en España. De tal hecho, fácilmente contrastable, puede deducirse que hay mayor diversidad ideológica y libertad de prensa en Venezuela que en España. Por mera coherencia ideológica, uno esperaría que las mismas voces liberales que están alarmadas por lo que consideran como un peligro para la democracia venezolana –la disminución de voces críticas en aquel país– estarían escribiendo artículos críticos de la extraordinaria limitación a la diversidad ideológica que existe en España. Pues no, permanecen callados. En realidad, son los mismos autores y editorialistas que denuncian alarmados la situación de Venezuela (preocupados por las limitaciones democráticas en los medios de aquel país), los que son responsables de la falta de diversidad ideológica en el nuestro. La doble moral de aquellos medios, en su supuesto compromiso con la libertad de expresión, es notoria y fácilmente demostrable.
Este asfixiante sesgo de aquellos medios de información y persuasión liberales tiene dos consecuencias. Una de ellas es que constantemente se está proveyendo opinión como si fuera información, la cual se convierte rápidamente en la sabiduría convencional del momento, al no poder ser contrastada con puntos críticos, que son excluidos de tales medios. Así, el colaborador de El País Antonio Elorza escribía un artículo titulado “Eclipse de la democracia” (27-02-09) en el que, además de homologar a Hugo Chávez y a Evo Morales con Berlusconi, señalaba “el caos de la política económica llevada a cabo por el Gobierno de Chávez” sin citar ningún dato o referencia que avalara tal conclusión. En realidad, la evidencia empírica publicada por instituciones que gozan de alta credibilidad como el prestigioso Center for Economic and Policy Research de Washington, o la Comisión Económica de las Naciones Unidas para América Latina y el Caribe, no apoyan tal opinión. El Gobierno de Chávez ha sido uno de los pocos gobiernos que ha conseguido sobrepasar el objetivo del programa de Desarrollo Humano de las Naciones Unidas (de reducir la pobreza extrema a la mitad), disminuyéndola de un 25% de la población en el año 2003 a un 7,6% en 2007. Ha sido también uno de los países de América Latina que: 1) ha reducido más las desigualdades y el desempleo; 2) ha incrementado más el número de beneficiarios de la Seguridad Social, doblándolo; 3) ha reducido su deuda pública más extensamente, pasando de un 30% del PIB a un 14%; y 4) ha tenido un mayor crecimiento económico, una tasa promedio del 10,4% durante los últimos 20 trimestres, habiendo aumentado su PIB de 99.000 millones de dólares en 1999 a 227.000 en 2007.
Ninguno de estos datos ha aparecido en aquellos medios, donde la demonización de Chávez es una constante. De ahí la sorprendente noticia de que, según una encuesta reciente del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS), Chávez es el dirigente internacional menos valorado por la población en España, menos incluso que el presidente Bush de EEUU, valoración negativa que fue ampliamente citada por tales medios. No se citó, en cambio, que según la misma encuesta realizada en la mayoría de países de América Latina, la población venezolana era la que indicaba, en mayores porcentajes en aquel continente, que “su Gobierno actuaba para el bien de la población”, y que expresaba mayor satisfacción con la situación económica y social del país. Y era el segundo país de América Latina que creía que “la democracia funcionaba bien en su país”.
Tal negativismo hacia Chávez contrasta con el positivismo hacia el presidente Uribe de Colombia, uno de los gobiernos de América Latina donde los derechos humanos son más vulnerados. El Gobierno utiliza su campaña contra la guerrilla para reprimir a las fuerzas de izquierda, incluyendo partidos políticos, sindicatos y movimientos sociales que no tienen ninguna relación con la guerrilla. El 60% de los sindicalistas asesinados en el mundo lo han sido en Colombia, tal como documentó la Confederación Sindical Internacional el pasado 10 de Junio en París. Sólo en 2008 fueron asesinados 46 dirigentes sindicales. La conexión entre el Gobierno y los paramilitares es bien conocida y documentada, siendo estos últimos conocidos por su campaña de terror contra las fuerzas progresistas. Muy pocas de estas noticias han aparecido en aquellos medios.
Una última observación. Este artículo no es sobre Chávez o sobre Uribe. No es mi objetivo ni defender a Chávez (con quien tengo acuerdos y también muchos desacuerdos) ni denunciar a Uribe (labor que otros han hecho, más elocuentemente de lo que yo pueda hacerlo). Este artículo es sobre la falta de diversidad ideológica en los medios mayoritarios de nuestro país, que debiera ofender a cualquier persona demócrata que, independientemente de sus simpatías o antipatías hacia aquellos dirigentes, debiera preocuparle lo que está ocurriendo en aquellos medios, que son más de persuasión que de información.”